QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA

QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA, NO ELITISTA, EN LA QUE TODOS LOS MIEMBROS DEL TALLER PUEDAN PUBLICAR SUS OBRAS SIN RESTRICCIONES. SOBRE TODO A LOS NUEVOS... ANIMO

miércoles, 28 de marzo de 2012

O VALOR DO PEIXE

Cando eu era rapaciña o peixe era a comida dos probes. Na nosa casa sempre abondou porque o meu pai e os meus tíos de Seaia eran mariñeiros. Cando rematei o bacharelato o meu pai, como premio, concedeume un desexo: ir un día no barco ó mar a ver pescar. Daquela os fillos dos mariñeiros ían nas gamelas ou nos barcos sen problema.
Saímos ás cinco da mañá cara o cantil onde ían pescar. Era verán e logo alboreou. Sobre as sete, papá (que patroneaba o barquiño) parou o motor e tódolos mariñeiros saíron á cuberta para escomenza-las maniobras.
Papá mandou encende-lo maquinillo e izar e larga-lo aparello por estribor. Era un copo de arrastre. Despois o barco foi arrastrando ó aparello polo fondo do mar para colle-lo peixe. Esta tarefa durou unhas dúas horas.
Parou o barco e o inicia-la tarefa de ergue-lo copo para subilo abordo decatáronse de que prendera no fondo con risco de ladea-lo barco e afundilo. Había que cortar o cabo e perder aparello e pesca (o pan de todos eles).
O meu pai parou o barco, sacou as botas e tirouse ó mar entre o asombro e os berros dos outros tripulantes. Saíu dúas veces á superficie e ó final logrou romper unha enganchada e salvou a marea e o aparello. Eu fiquei abraiada e o voltar, xa todos contentos, díxenlle: "Como fixeches tal tolería?". El tranquilo respostou: "Non é a primeira vez, nin posiblemente a última. Hai que salva-lo noso pan".
Foi unha experiencia extraordinaria e dende entón non podo oírlle a ninguén dicir que o peixe é caro. Custa moitas vidas de xente sinxela e honrada cada ano.

Muxiana

No hay comentarios:

Publicar un comentario