QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA

QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA, NO ELITISTA, EN LA QUE TODOS LOS MIEMBROS DEL TALLER PUEDAN PUBLICAR SUS OBRAS SIN RESTRICCIONES. SOBRE TODO A LOS NUEVOS... ANIMO

jueves, 26 de abril de 2012

A DESESPERANZA E A ESPERANZA

Vai para dez anos afondou en Muxía o Prestige cubrindo toda a costa galega dunha porquería chamada galipote.

A solidariedade de toda España foi incrible. Menos o goberno (que dicía que "non era unha marea negra" e que "o mar o limparia"). Xa, xa,... Gracias que limparon os moitos millares de coluntarios que viñeron (desinteresadamente) a Galicia. Nunca lles poderemos pagar esta maravillosa e incrible colaboración.

Despois e próximas as eleccións, Aznar anunciou o Plan Galicia e o seu ministro Mariano Rajoy anuncia no ano 2004 un parador de turismo para dinamiza-la Costa da Morte. Entusiasmo, alegría, esperanza,... Pero pasou o tempo, conseguíronse os terreos, superáronse os múltiples atrancos administrativos e na de ná.

Por fin, no ano 2010 (xaneiro) hai unha reunión do alcalde de Muxía (Félix Porto) co presidente da Xunta (Sr. Feijoo) o de Tourespaña e sae un concurso para presentar o proxecto do parador. "Esta vez si", decimos todos. Gaña o concurso Alfonso Penela co seu proxecto. Explícao no salón do voluntariado.

No 2011 faise unha encomenda a Tragsa para executalo. Ponse a primeira pedra. Inicianse as obras de explanación e todos contentos. Está previsto rematalo no 2014.

O día 13 o ministro do ramo, señor Soria, di publicamente que quedan paradas tódalas obras de paradores. A indignación da xente da Costa da Morte e sobre todo dos muxiáns ante semellante anuncio é tremenda.

Reúnense tódolos alcaldes e presidentes de asociacións e comunican ó presidente de Galicia, Sr. Feijoo, que debe levar o tema a súa reunión con Rajoy.

O venres, día 16, Feijoo chama ó alcalde de Muxía e dille que o parador se vai facer "si ou si", palabras textuais. Outra vez esperanza...

O alcalde convoca as xentes de Muxía e da Costa da Morte para explicarlles o tema para o día 18. Na reunión (á que acuden masivamente os veciños e alcaldes da zona) expón como está a situación e pide que deixemos un tempo (ata o día 30 que se presentarán os presupostos) e que el confía na palabra do presidente da Xunta de Galicia. E as televisións caladiñas coma petos.

Nós tamén queremos confiar... pero hai un ruxe-ruxe entre os veciños.

"Dixo que se faria si ou si pero non dixo cando o moi raposeiro..."

E así andamos entre a esperanza e a desesperanza.

Muxiana

No hay comentarios:

Publicar un comentario