QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA

QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA, NO ELITISTA, EN LA QUE TODOS LOS MIEMBROS DEL TALLER PUEDAN PUBLICAR SUS OBRAS SIN RESTRICCIONES. SOBRE TODO A LOS NUEVOS... ANIMO

domingo, 8 de abril de 2012

UNHA BOMBA XIGANTE INVADE NOVA IORQUE

...e a bola xigante ía baixando a  modiño sobre Nova Iorque.

O Presidente preguntoulles ós militares que potencia tentaba invadir o seu país.
Mais, os xenerais non coñecían a resposta. Entón o Presidente mandou desaloxar os cincuenta Estados da Unión, e dixo os seus habitantes, que ninguén poderia ficar neles nin tornar ata que a súa estratexia tivera conxurado o perigo.
As sereas policiais soaban sen descanso. Os altofalantes berraban coas ordes das autoridades.
Os automóbiles non deixaban de entrar e sair a cotío, cheos de xente, mentras facían soalos seus clasons.
Os cidadáns amontoábanse nas ruas tentando entrar a reo nalgún transporte.
Os nenos non paraban de chorar, pois non tiñan almorzado e morrían coa fame. E mentras tanto a bola xigante ía baixando e baixando a modiño sobor a cidade, facendo tremer de medo a tódolos cidadans,
As ruas quedaron baleiras, pois todos fuxían perante a chegada da maior invasión da historia.
A penas unhas horas mais tarde  unha nube de insectos aterraban sobre un dos rañaceos máis altos de Nova Iorque. Ainda ben non tiñan aterrado cando decidiron comenzalas suas pescudas para achar aqueles xigantes que eles viran dende o ceo. Mais, non se estaban a pór dacordo sobre quen deles ia sair o primeiro.
Decidiuse por unanimidade que fora o cempés, pois el podería fuxir mais axiña cós demais. Este tiña medo e pediu que fora cando el a abella para defendelo. E ámbolos dous abandoaron a bola xigante e saíron camiño da rua. !Non se via a ninguén! !Era incrible! Non acharon un só ser vivinte. Estaban abraiados e decidiron ir dala boa nova ós seus compañeiros.
O chegar, ó cempés dixo: “É unha cidade moi fermosa, mais ninguén vive  nela. Nós podemos ficar eiquí e esquecernos do noso país. Hay moreas de comida para todos”.
E tódolos bechos saíron cara a rua e fixéronse donos da cidade. O xefe dos insectos ordenoulles non deixar entrar nela a ninguén e atacar a cantos o tentaran.
E dende entón un exército de bechos está a gardalas portas da cidade de Nova Iorque e ninguén consigue entrar ou sair por elas.

              MARÍA PILAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario