QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA

QUEREMOS UNA ANTORCHA ABIERTA, NO ELITISTA, EN LA QUE TODOS LOS MIEMBROS DEL TALLER PUEDAN PUBLICAR SUS OBRAS SIN RESTRICCIONES. SOBRE TODO A LOS NUEVOS... ANIMO

jueves, 6 de diciembre de 2012

¿PARA QUE PAGAMOS?





Nos Anos 50, España era probe
e os fillos a lonxe tiñan que emigrar.
Deixaban familia, pobo e alegría,
cariño, país, fillos e o seu fogar.
Con gran sacrificio foronos mandando
cartos, para a familia e o pobo axudar.
Con eles se ergueron casas e estradas
traballo e industria para mellorar.
Loitaron coa lingua, coa xente e morriña.
Souberon amañarse para algo aforrar.
Mellorou España, mellorou Galiza…
Voltaron á terra para descansar…
Loitamos tamen os que aquí quedamos
para conseguirmos un mundo mellor.
Pagamos (As veces con moitos esforzos)
A Seguridade para xubilacion.
Habia progreso, había traballo
e tranquilidade neste lar
Pero… veu a crise e o que tiñamos
veñen de querernos os probes quitar
¿E quen tivo a culpa disto que nos pasa?
Nin foi o obreiro, nin a emigración,
nin os xubilados gastaron as rendas, nin os labradores,
nin os mariñeiros, os que agora pagan esta situación.
Foron os señores de colo e garabata
aós que no lle importa a nosa razón
os que queren só enche-los seus petos
e leva-los cartos a outra nación.
Banqueiros, políticos, empresarios ¡Todos!
sacaron tallada mentras houbo en qué.
Agora proclaman con moito descaro
que o fin desta crise ainda non se ve.
Obreiros o paro, empresas a quebra,
os nosos rapaces fora a traballar,
e mentras os ricos (Cos cartos gardados
neses “Paraisos”) vivir e folgar.
¿Para que pagamos os nosos impostos?
¿Para quen se agora non hay non hai sanidá,
nin a educación, nin a dependencia?
¿Onde os nosos cartos irían parar?
E os xubilados que tanto loitamos,
que tanto xuntamos, sin nós descansar
por riba de vernos agora bulrados
solo se nos di “¡Señores a calar!”
E coma Curros Enriquez
disto que vin parvo e mudo
agora “Creo ou non creo…
pero dudar xa non dudo”  

MUXIANA  

No hay comentarios:

Publicar un comentario